jueves, noviembre 21, 2024
InicioA terraA nosa culturaEsta é a programación de Ourense para celebrar o magosto 2024

Esta é a programación de Ourense para celebrar o magosto 2024

O próximo luns día 11 de novembro o concello de Ourense celebra o seu San Martiño, coincidido coa festividade local. A xornada conta cunha ampla programación de actividades organizadas dende a Concellería de Artes e Festexos para a festa do Magosto 2024.

As propostas de lecer programadas son unha ruada de gaiteiros, obradoiros infantís, magosto tradicional, agasallo de castañas, food-trucks, concerto de Brañas Folk e para rematar, baile xunto á orquestra Olympus.

Programación:

12.00h Ruada de gaiteiros con xigantes e cabezudos

17.15h Obradoiros infantís. Confecciona o teu cornete de Magosto e Pintado de caras. Lugar: Praza Maior.

18.00 h. Magosto, castañas gratuítas e food-trucks.

Magosto tradicional: Chourizo recén asado con bolo de masa nai, auga ou viño por 3€. Lugar: Bispo Cesáreo.

Castañas gratuítas. Lugar: Praza Maior e Bispo Cesáreo

Food Trucks: Burguer Bágoa Gastrobar, Tráiler Coren e Crepes

18.00h-19.30h Concerto “Brañas Folk” con Lucía Pérez e Pancho Álvarez. Lugar: Praza Maior

19.00-22:00h Baile coa orquestra “Olympus” Lugar: Rúa do Progreso

Festa da Chinita 2024

Por outra banda, o domingo día 10 de novembro, realizarase unha nova edición da Feira da Chinita, a tradicional celebración da comunidade venezolana que está adicada á Virxe de Chiquinquirá e que chega a Ourense no marco da súa internacionalidade.

O público que se achegue ao campo da feira ourensá poderá ver de preto os ingredientes característicos da tradicional festa: gaitas do Zulia, un xénero musical autóctono tocado co furruco, o catro, as maracas e a tambora. Tamén haberá comida venezolana, a elección da Raíña da Feira e grupos musicais en directo como Os Coleguitas, Yamil Quijada, Misael Sánchez, Maira Show e un DJ.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS