jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasOs persoeiros máis ilustres do cemiterio do Ceán cobran vida de novo...

Os persoeiros máis ilustres do cemiterio do Ceán cobran vida de novo en Nigrán co Teatro do Ar

O Samaín trouxo consigo, cando menos ao municipio de Nigrán, o regreso da ultratumba dos persoeiros máis ulustres do cemiterio do Ceán. E é que o Concello repetiu por terceiro ano consecutivo con Teatro do Ar as visitas teatralizadas a este camposanto con motivo da celebración da noite de defuntos.

Grazas a estes actores, ilustres como o escritor Carlos Casares, o inventor do casulo para pescar polvos, Daniel Pazó, ou o profesor republicano asasinado, Vázquez Grela (os tres aquí aterrados), regresaron onte de ultratumba para contar de primeira man aos presentes a súa vida.

Foron un total de 51 persoas repartidas en 3 quendas (todas con aforo completo) e, unha vez máis, recibiron información histórica dunha forma cómica e lixeira. “Son visitas que despertan moitísimo interese e están moi ben porque poñen en valor o noso cemiterio municipal e, sobre todo, personaxes emblemáticos de Nigrán que todo veciño debe coñecer”, considera o rexedor, Juan González.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS