jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasO PSOE de Ponteareas lembra que "a nova escola infantil é grazas...

O PSOE de Ponteareas lembra que «a nova escola infantil é grazas aos fondos da UE que conseguiu Sánchez»

O Partido Socialista de Ponteareas indica nun comunicado que «a nova escola infantil será financiada en gran medida, tal e como recoñece o goberno municipal, polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea» e que «este financiamento foi posible grazas ás xestións do goberno de Pedro Sánchez».

Así, nun comunicado, os socialistas e as socialistas da vila do Tea explican que «queremos destacar a importancia deste financiamento europeo para o desenvolvemento do proxecto» e que «é un exemplo de como os fondos europeos poden contribuir á mellora da calidade de vida das nosas veciñas e veciños».

A voceira do PSOE ponteareán, Vanesa Fernández, anima ao goberno municpal «a seguir a senda marcada polos socialistas nos mandatos anteriores e aproveitar o financiamento europeo para mellorar e ampliar os servizos públicos, así como facer un pobo máis accesible e respetuoso co medio ambiente, apostando pola recuperación de espazos para a cidadanía».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS