jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasMagostos, rutas micolóxicas, cine e teatro como grandes protagonistas desta fin de...

Magostos, rutas micolóxicas, cine e teatro como grandes protagonistas desta fin de semana nas comarcas

Estas son algunhas das actividades que ofrecen as comarcas do Condado, Paradanta, Louriña, Baixo Miño e Val Miñor, así como a área de Vigo, para o desfrute dos veciños e veciñas nesta primeira fin de semana de novembro. Con todo, algunha delas poderían estar adiadas con motivo da declaración de loito oficial polas consecuencias da DANA en Valencia. É o caso das actividades que promove o Concello de Ponteareas, O Porriño ou Mondariz, entre outros.

Venres 1 de novembro

Os veciños e veciñas de Arcos, en Ponteareas celebran a súa VIII Festa de Outono con actividades gastronómicas, micolóxicas e música.

No marco da Festa de Outono de Arcos, impártese un curso de iniciación á micoloxía a cargo do biólogo Gabriel Pérez Torrón. O curso terá lugar os días 1 e 2 de novembro.

É preciso inscribirse xa que as prazas son limitadas.

O Porriño comeza o venres día 1 coa sua ruta de petiscos e tapas ‘D-Gusta Porriño‘, que terá lugar os venres e sábados do mes de novembro de 19:00h a 23:00h.

Sábado 2 de novembro

Nas Neves, os veciños e as veciñas maiores de 12 anos poderán desfrutar da comedia Running. O evento ten lugar no Auditorio Municipal e a entrada é de balde. A función comeza a partir das 20:30 horas.

Mondariz Balenario ofrece unha xornada micolóxica con ruta guiada polos montes e unha visita a EcoFungos Mondariz.

É preciso incribirse previamente no correo electrónico turismo@mondarizbalneario.gal

A A.C Leitarello de Leirado, en Salvaterra de Miño organiza o seu tradicional. Ás 18:00h dará comezo a obra teatral «Día Dixital» do grupo «Pena do Equilibrio».

Durante toda a tarde haberá castañas, chouripáns, queimada e para amenizar a velada DJ Kola.

Os veciños e veciñas de Cernadela, en Mondariz, celebran a Festa do Magosto a partir das 20:00h na Capela de Cernadela.

Haberá castañas, chouripáns e moita música.

Outro magosto terá lugar na parroquia de Fiolledo, en Salvaterra de Miño a partir das 20:00h.

A noite estará amenizada polo grupo de pandereiteiras «As Lucernas».

Tomiño proxectará a película ‘Barbie’ no Auditorio Municipal de Goián ás 21:00h con entrada de balde para todo o público.

O auditorio do Rosal acollerá un ciclo de masterclass gratuitas que darán comezo este sábado da man do músico José Manuel González.

A inscripción é de balde e realízase a través deste formulario.

Domingo 3 de novembro

Mondariz acollerá no auditorio municipal o contacontos teatralizado «Travesías, aventuras de libro» de Raquel Queizás ás 18:00h.

O espectáculo está dirixido a un público familiar.

Gondomar gozará da obra teatral ‘Kyoki’ no auditorio Lois Tobío.

A obra dará comezo ás 19:00h e as entradas, que teñen un prezo de 3,5€, poden comprarse na seguinte ligazón.

En Arbo festexan o seu IX Magosto Popular a partir das 17:00h na praza do Concello.

Haberá castañas e chourizos gratis para todos os asistentes.

Tamén haberá un magosto popular con castañas e chouripán de balde para todas as persoas que se acheguen ao municipio das Neves.

A peza teatral ‘Loló e mamá’ chega a O Rosal da man de Ste Xeito producións.

A obra dará comezo ás 19:00h no auditorio municipal con entrada de balde.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS