Os afeccionados e as afeccionadas do fútbol contarán cun novo servizo especial na cidade de Vigo. E é que o vindeiro sábado 2 de novembro “poremos un servizo especial de autobuses para facilitar o traslado” ata A Madroa dos afeccionados que acudirán ao encontro das Celtas, segundo anunciou o alcalde Abel Caballero. O partido enfronta ás viguesas ante o Victoria Fútbol Club de Santiago de Compostela.
Este servizo, en fase de probas, permitirá detectar a demanda real e facer as modificación precisas para optimizar a operativa e a administración local indcia que «o obxectivo principal é mellorar a conectividade os días de partido con rutas directas de ida e volta ao estadio da Cidade Deportiva da Madroa e horarios adaptados, proporcionando unha alternativa cómoda e eficiente para a afección celeste».
O servizo dará comezo o sábado ás 15:13h horas desde a rúa Teixugueiras, á altura do número 29, e percorrerá os seguintes puntos: Limpiño – VG20 – Porriño – Baiona – Avd. Castelao – Coruña – Torrecedeira – Gaiteiro Ricardo Portela – Beiramar – Cánovas del Castillo – Policarpo Sanz – Urzáiz – Travesía de Vigo – Jenaro de la Fuente – Avd. Aeroporto – San Cristovo – Subida a Madroa – Camiño da Devesa – A Madroa.