Un veleiro encallou a pasada noite nunhas rocas da costa de Baredo cando se dirixía a Baiona. O accidente tivo lugar en torno ás 20:00h da pasada noite.
O barco, que procedía de Suecia, levaba a bordo a un único tripulante e todo apunta a que sufriu unha indisposición que lle fixo perder o control da nave.
Neste contexto, o home que pilotaba o veleiro foi auxiliado por un veciño da zona, que tras presenciar os feitos achegouse ao lugar e ofreceulle a súa axuda. Pola outra banda, o barco, que conta con 9 metros de eslora e 3 de manga, está moi danado e cun boquete no costado.
O rescate aínda non se puido realizar, xa que se atopa nunha zona de difícil acceso á que só se pode chegar a pé polas rocas do mar.
Ata o lugar dos feitos desprazáronse a Garda Civil e a lancha de Salvamento Marítimo Salvamar Mirach.