Os traballadores e as traballadoras do Concello de Ourense cumpriron a súa palabra e levaron a cabo o primeiro día de folga co obxectivo de reclamar ao alcalde da cidade das burgas, Gonzalo Pérez Jácome, «un trato digno» así como o cobro das horas extras pendentes que os sindicatos cifran nun millón de euros. Iso si, no lugar de realizar unha manifestación polas rúas como estaba previsto, levaron a cabo unha concentración na Praza Maior para amosar a sua solidariedade coas víctimas da DANA que tivo lugar na provincia de Valencia.
Ademais, aos traballadores e ás traballadoras do Concello de Ourense, tanto persoal laboral como os funcionarios e as funcionarias, uníronse os conductores e as conductoras do autobús urbano posto que «a empresa rachou as negociacións do convenio que incluía o aumento do salario conforme ao IPC, entre outras cuestións». O sindicato CIG indica que «o Concello non pode mediar porque é parte do problema, sacou a licitación o servicio en metade dunha negociación».
Durante a concentración, o rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, saiu con «actitude provocadora», segundo apuntan, e indican que o rexedor non saiu a negociar nin a mediar cos traballadores e as traballadoras que se reuniron este 31 de outubro. O próximo día de folga será o 4 de novembro.