jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeO presidente do Centro Galego de Valencia: "Foi tráxico, en apenas unha...

O presidente do Centro Galego de Valencia: «Foi tráxico, en apenas unha hora a auga entraba polas casas»

O Centro Galego de Valencia está xa en marcha para iniciar unha rede de colaboración para axudar aos galegos e ás galegas que se atopan na Comunitat Valenciana e que sufriron as consecuencias da DANA.

O presidente do Centro Galego de Valencia, Manuel Fortes, explica en Si Radio, que a situación que se viviu «foi tráxica» e que «en apenas unha hora a auga entraba xa polas casas«. Ademais, indica que «estabamos pendentes de socios e socias que non contestaban ao teléfono, pero, finalmente xa tivemos resposta». Agora, «falta localizar a un deles, pero cremos que se atopa en bo estado».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS