viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeEstes son os consellos da Garda Civil no caso de que un...

Estes son os consellos da Garda Civil no caso de que un conductor se atope cunha riada

As imaxes e os videos que chegaron, e continúan chegando, aos móviles e as pantallas estremecen. Vehículos arrastrados pola auga, persoas intentado saír dos seus coches para agarrarse a un salvavidas e un cento de desperfectos, así como de persoas falecias, que xa formarán parte da retina de todos e de todas logo da DANA que sacudiu á Comunitat.

Neste contexto, os servizos de emerxencias xunto cos corpos e forzas de seguridade volcánse nos labores de rescate das persoas que aínda quedan por localizar así como na difusión de consellos e directrices que buscan minimizar os riscos en medio dun desastre climático.

Entre eses consellos, atópase un que emite a Garda Civil no perfil oficial de Twitter. Na publicación, os axentes explican que debe facer un conductor ou conductora no caso de que se atope en medio dunha riada. O primeiro que recomendan é saír do vehículo no caso de que a corrente arrastra ao coche pola porta.

Se esta primeira opción non é posible, a Garda Civil recomenda presionar o parabrisas cos pés para desencaixalo e poder sair do interior do vehículo. Pola súa banda, se o conductor ou conductora debe saír pola ventanilla terá que facelo polo lado contrario á corrente.

Unha vez que o conductor ou a conductora se posicione sobre o teito do vehículo, a seguinte decisión que a persoa debe tomar será cara onde nadar. Ben cara a unha orilla ben cara unha árbore á que se podería amarrar. Sexa cal sexa, a Garda Civil indica que terá que ser a favor da corrente de auga.

Ademais, na súa revista oficial contan cun video no que explican os pasos que se deben seguir no caso de que un conductor ou conductora se atope en medio dunha riada. Podes acceder neste enalce.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS