jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsDegustacións con productos de tempada e saídas micolóxicas na nova edición da...

Degustacións con productos de tempada e saídas micolóxicas na nova edición da Feira de Outono de Allariz

Allariz ten xa a conta atrás para que os veciños e as veciñas así como as persoa que se acheguen a esta localidade da provincia de Ourense poidan desfrutar dunha nova edición da Feira de Outono o próximo 9 e 10 de novemebro. Trátase dun evento que pon en valor e promove os productos de tempada e a gastronomía local e que este ano conta cunha serie de novidades na súa programación.

De feito, este evento gastronómico, que terá lugar no pavillón do intituto de Allariz, contará con maís de trinta productores da Reserva da Biosfera de Allariz, de Galicia, de Castela e León e de Portugal e ofrecerán unha variedade de productos como é o caso da mel, cogomelos, noces, castañas e os seus derivados. Todos eles estarán dispoñibles para a súa venda a partir das 10:30 horas e ata as 20:00 horas durante a fin de semana do 9 e 10 de novemebro.

Segudno apuntan desde o Concello de Allariz, «esta diversidade permitirá que os asistentes coñezan e adquiran produtos de gran calidade, promovendo un consumo de produtos de tempada, de proximidade e sostibles» e que, ademais da venda de productos, «o evento ofrecerá un amplo programa de actividades para todos os públicos».

Entre as propostas destacan as demostracións culinarias en directo, obradoiros para
nenos e nenas, saídas micolóxicas guiadas para recoñecer cogomelos e degustacións de
produtos típicos do outono. Pola súa banda, para animar as compras, sortearanse agasallos entre aqueles que realicen adquisicións durante a feira.

Un clásico xa das actividades programadas son as saídas micolóxicas. José Gómez Bragaña, experto do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, liderará un ano máis as saídas ao monte para a recolección de cogomelos, tanto o sábado como o domingo. As persoas interesadas deberán inscribirse previamente enviando un correo a dinamizacioneconomica@allariz.gal, indicando o nome completo, número de teléfono e o día de preferencia.

Un dos grandes atractivos da feira será a zona de cociña, onde se poderán degustar pratos elaborados con produtos de tempada. Ademais, algúns restaurantes de Allariz ofrecerán menús e tapas especiais con produtos do outono, e sortearán unha comida para dúas persoas entre aqueles que participen probando os menús nos establecementos colaboradores.

Con esta nova edición, «Allariz reforza o seu compromiso coa promoción dos seus recursos locais e fomenta un consumo máis consciente e sostible. A XXVIII Feira de Outono é unha oportunidade perfecta para descubrir unha ampla despensa de produtos de alta calidade, que dinamizan a economía local e promoven hábitos de consumo saudables».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS