jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsA RaiaA Garda Civil incauta roupa falsificada e marisco ilegal na Ponte Internacional...

A Garda Civil incauta roupa falsificada e marisco ilegal na Ponte Internacional de Tui

A Garda Civil de Tui incauta roupa falsificada e marisco ilegal procedentes de Portugal mentres realizaba un dispositivo de control medioambiental e seguridade cidadá na A-55.

O control foi realizado na A-55 á altura da Ponte Internacional de Tui o pasado martes 29 de outubro. Participaron axentes do Destacamento de Tráfico de Porriño, Patrulla Fiscal, Seprona, varias patrullas de Seguridade Cidadá da Compañía da Garda Civil de Tui e varios compoñentes do servizo de Gardacostas de Galicia.

Durante a inspección, deteñen a unha furgoneta na que se localiza unha gran cantidade de roupa de marcas deportivas, supostamente falsificadas. O conductor, un varón con domicilio en Ourense, manifestou que «a roupa fora adquirida nunha feira de Portugal» segundo indicaron as autoridades, mais ao carecer de documento algún que o xustifique procédese á súa incautación.

Neste contexto, o detido é investigado como presunto autor dun delito contra a propiedade industrial e a roupa queda intervida e a disposición do Xulgado de Instrución Nº1 de Tui.

Por outra banda, durante o mesmo dispositivo, inspecciónase outra furgoneta de nacionalidade portuguesa na que se atopan 84kg de ameixa e 66kg de berberecho, segundo confirmaron as fontes policiais.

O conductor é denunciado por unha infracción grave á lei de pesca de Galicia 11/2008 do 3 de decembro ao non poder demostrar a orixe nin a trazabilidade do marisco.

O marisco foi entregado para a súa destrución na empresa xestora de residuos autorizada, que se atopa en Vigo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS