jueves, noviembre 21, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui abre o prazo para solicitar as bolsas de estudos para ensinanzas...

Tui abre o prazo para solicitar as bolsas de estudos para ensinanzas musicais

As persoas interesadas teñen até o 26 de novembro para presentar a solicitude xunto coa documentación requirida

O Concello de Tui vén de abrir o prazo para solicitar as bolsas de estudo para ensinanzas musicais correspondentes ao curso 2023-24 no Conservatorio e na Escola de Música de Tui. O obxectivo desta convocatoria é facilitar o acceso ás ensinanzas musicais a aquelas familias ou persoas con recursos limitados.

Así estas axudas municipais van dirixidas ao alumnado empadroado en Tui e matriculado no curso 2023-24 no Conservatorio de Grao Profesional/Elemental ou na Escola de Música. Tamén é necesario que pertenezcan a unidades familiares con ingresos brutos anuais ponderados que non superen 3 veces o IPREM 2023 (25.200,00 euros). Outro dos requisitos é non ter sido ser beneficiario de axudas por este concepto doutras entidades ou organismos públicos. Ademais, non poden superar o límite de axudas establecido, así coma ter o curso completo aprobado.

As bases completas desta convocatoria pódense consultar no taboleiro de anuncios do Concello, no Conservatorio e na Escola de Música e en tui.gal. O prazo para a presentación de solicitudes é de 20 días hábiles contados dende hoxe martes polo que rematará o 26 de novembro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS