jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasExixen correxir o "chapuceiro" sistema de acceso á zona cero do Nadal...

Exixen correxir o «chapuceiro» sistema de acceso á zona cero do Nadal en Vigo

O grupo municipal do Partido Popular na cidade de Vigo exixe ao goberno liderado polo socialista Abel Caballero que «corrixa o chapuceiro sistema de acceso á zona cero do Nadal, que xera decenas de queixas no 010, tanto por teléfono como a tra´ves de correo electrónico ou a través da app móvil». Neste contexto, o voceiro do PP, Miguel Martín, subliña a importancia de anticiparse a todas as situacións, «algo que non se fixo».

Así, os populares da cidade olívica critican que «o rexedor socialista só se escoita a el mesmo» e que » o mal chamado Comité do Nadal non sexa capaz de tomar boas decisións nin planificando con antelación».

Esta postura do PP chega logo de que a asociación de Veciños de Zona Centro de Vigo denunciara ao Concello na Axencia Española de Protección de Datos, alegando que a adminsitración local lles obriga a contar cun documento no que aparecen os datos persoais «á vista de todo o mundo».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS