As florarías atópanse, na actualidade, inmersas nun intenso traballo co obxectivo de cumprir cos encargos que lle realizaron os clientes e as clientas co motivo do día de Todos os Santos. Trátase dunha das celebracións máis arraigadas en Galicia e que, cada ano, reúne en torno ás flores as lembranzas das persoas coas que xa non se conta, cando menos, físicamente.
Un destes negocios, Sabanah, cheiraba a flor fresca durante esta xornada mentres preparaban os centros e os ramos que, máis tarde, recollerán os veciños e as veciñas para depositar nos cemiterios.
Unha das súas xerentes, Amanda, explica en Si Radio que «a flor que máis están pedindo este ano é a rosa».
Podes escoitar a pequena entrevista aquí: