miércoles, octubre 30, 2024
InicioNewsComarcasAs Celtas levan a súa valentía ata a área pediátrica do Hospital...

As Celtas levan a súa valentía ata a área pediátrica do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

As Celtas realizaron a súa primeira visita oficial á área pediátrica do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Esta visita é parte dunha iniciativa solidaria posta en marcha pola Fundación Celta e as xogadoras así como o corpo técnico estiveron acompadas pola presidenta do RC Celta, Marián Mouriño, o director da Fundación Celta, Germán Arteta e a conselleira do Club, Xisela Aranda.

Trátase dunha ocasión na que «as celestes puideron acompañar e apoiar a todos os pequenos valentes que están atrevesando unha situación complicada e permanecen ingresados no hospital», segundo fai saber o club nun comunicado.

Así, durante a visita, as xogadoras compartiron tempo e anécdotas con todos eles ao tempo que lles entregaron uns detalles do RC Celta. «Unha tarde na que predominaron os xestos de cariño, apertas, fotos e autógrafos que recibiron como agradecemento o mellor dos agasallo, os seus sorrisos», tal e como explican desde o equipo.

O obxectivo desta iniciativa é, segundo apuntan, «animar e facer máis amena a recuperación de cada un dos pequenos».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS