sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasA partir do 1 de novembro xa será posible pagar os impostos...

A partir do 1 de novembro xa será posible pagar os impostos en Ponteareas mediante Bizum

A concellería de Facenda do Concello de Ponteareas, que dirixe Francisco J. Represas, informa que o vindeiro día 1 de novembro ás 00:00 horas entra en funcionamento o novo Portal Tributario Municipal (OVT), un novo servizo municipal a través do que se poderá acceder toda a información e normativa en relación aos ingresos públicos do Concello «actualizada e xestionar a liquidación e ingreso de taxas e prezos públicos, dispoñible 24 horas e 365 días ao ano«, segundo apuntan desde a administración local.

Dende este venres as taxas e osprezos públicos (agás os conceptos delegados no ORAL ou recibos domiciliados) so se poderán auto liquidar e ingresar de maneira telemática desde a OVT polo contribuínte, ou ben acudir presencialmente á oficina de Recadación municipal.

O Portal Tributario Municipal dispón «dunha ferramenta destacada coa que o contribuínte terá a oportunidade de asumir o control dos seus tributos ao permitir calcular, declarar e ingresar no mesmo momento a cantidade que debe pagar, dispoñible 24 horas e 365 días ao ano, tendo a cidadanía total autonomía e facilidades no cumprimento das obrigas fiscais».

Desde a OVT, ademais, poderase facer o pago utilizando calquera canle de ingreso habitual e incorpora a opción BIZUM como ferramenta que permite traspasar diñeiro de forma instantánea, cómoda e gratuíta con tan só enviar unha mensaxe desde omóbil; outra funcionalidade prevista será a posibilidade de, previa consulta telefónica co depósito municipal, auto liquidar desde o Portal e ingresar a taxa do guindastre, de forma que o xustificante de pago será válido durante un prazo aproximado de 2 horas para validar a retirada do vehículo.

Bonificacións

Para promover a utilización do Portal está prevista para 2025 a aprobación dunha bonificación aplicable só no caso de utilizar a OVT para a auto liquidación e ingreso de débeda, reducindo na medida do posible o trámite presencial nas dependencias municipais.

Enmarcada na estratexia “Ponteareas Simplifica” que ten como obxectivo achegar a administración á cidadanía a través de ferramentas dixitais o Portal Tributario Municipal comezará a funcionar no mes de setembro para minimizar atrasos, cargas administrativas, reducir trámites e evitar duplicidades. “Seguiremos avanzando para que a relación entre administración e cidadanía sexa áxil, doada e cómoda. Ponteareas Simplifica contempla unha batería de accións encamiñadas a dar un servizo útil que evite desprazamentos e permita un control da cidadanía das súas xestións, responsabilidades, obrigas e dereitos”, explica Francisco Represas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS