Esta mañá presentouse en Ciudad Rodrigo o proxecto FAR PAX “A paz europea a través da fortalezas abaluartadas da raia”. Neste participan os municipios españois de Tui e Ciudad Rodrigo e os portugueses de Valença, Almeida e Marvão. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou neste acto xunto aos mandatarios dos outros catro municipios.
A finalidade deste proxecto é a recuperación do patrimonio histórico vinculado aos baluartes e murallas destas cinco cidades cun investimento de case 1,2 millóns de euros. Ao abeiro deste proxecto o Concello de Tui vai proceder á recuperación do Baluarte do Diaño, cun investimento de preto de 400 mil euros. Esta cantidade coloca a Tui como o municipio que máis financiamento recibirá. A licitación das obras realizarase en 2025 e deberán estar rematadas en 2027. Tamén se contemplan outras actuacións complementarias para a dixitalización dos recursos patrimoniais e a creación de roteiros turísticos. Ademais de colocación de sinaléctica que contribuirán a recuperación e posta en valor do patrimonio tudense.
Ao abeiro deste proxecto FAR PAX Tui, Valença, Ciudad Rodrigo, Almeida e Marvão desenvolverán unha estratexia conxunta de desenvolvemento baseada no Patrimonio Cultural. Na mesma terán en conta por unha parte a innovación con sistemas de monitorización do patrimonio, deseño dunha estratexia conxunta de conservación, rehabilitación e valorización das súas fortalezas. Por outra parte levarán a cabo obras de preservación e tamén acción de sensibilización a capacitación, co que reforzarán a súa oferta turística temática. O proxecto busca consolidar as dinámicas desenvolvidas até o de agora entorno ao patrimonio amurallado cunha escala transfronteiriza, tendo en conta o crecemento sustentable e cun papel determinante no turismo cultural e natural.