domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísOurense insta ao Goberno a que "inicie canto antes a demolición do...

Ourense insta ao Goberno a que «inicie canto antes a demolición do Centro de Interpretación» para acondicionar un novo aparcadoiro

O goberno municipal do Concello de Ourense, lideado polo alcalde Gonzalo Pérez Jácome, lamenta que «a execución das obras da Variante Norte da cidade, que está a levar a cabo o Goberno central mingüen considerablemente as condicións de uso das termas do río Miño». Así o asegura a administración local nun comunicado no que, ademais, indica que «impiden o acceso desde a Nacional 120 e inutilizan a zona de aparcadoiro que dá servizo ás instacións termais«.

Neste contexto, o Concello de Ourense apunta que «isto ten como consecuencia que as persoas que desexen achegarse ás termas teñan que aparcar na outra marxe do Miño e cruzar despois o río a través da pasarela de Outariz».

Así, o goberno de Pérez Jácome insta ao Goberno central a que «inicie canto antes a execución das obras de demolición do edificio inacabado do Centro de Interpretación de Parques Naturais de Quintela para que o Concello poida empregar os terreos que ocupa para acondicionar un novo aparcamento que dea servizo á zona termal».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS