jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasA Policía Local de Ponteareas investiga o roubo de cableado do alumamento...

A Policía Local de Ponteareas investiga o roubo de cableado do alumamento público

A concellería de Infraestruturas Xerais do Concello de Ponteareas informa que «nas últimas noites producíronse roubos de cableado eléctrico da iluminación pública en distintas parroquias e que a Policía Local xa está investigando.

Por este motivo, Concello e Policía piden a colaboración cidadá para alertar ás forzas de seguridade no caso de observar vehículos non rotulados co logotipo do Concello ou co de empresas eléctricas recoñecidas manipulando o cableado.

A concelleira responsable desta área, Raquel Bautista, advirte que «a reparación destes danos supón importantes costes ademais de deixar sen servizo de alumamento zonas escuras que dan inseguridade a veciñas e veciños«.

Neste contexto, a administración local indica que “as empresas autorizadas levan vehículos rotulados e o alumamento público é responsabilidade do Concello que conta cun vehículo serigrafiado co nome do Concello e non realiza servizo nocturnos agás unha emerxencia”.

Finalmente, a concelleira recomenda contactar co teléfono da Policía Local, que é o +34 618 70 56 26, en caso de dúbida.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS