viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeLocalizan no Porriño ao veciño de Ibiza desaparecido dende o martes

Localizan no Porriño ao veciño de Ibiza desaparecido dende o martes

A Policía Local do Porriño localizou a J.S., veciño de Ibiza de 58 anos de idade que levaba desaparecido dende o pasado martes cando comezaba o Camiño de Santiago en O Porto.

«O home foi identificado por uns veciños do municipio, que tras recoñecelo pola alerta de búsqueda emitida na plataforma SOS Desaparecidos, acompañárono á comisaría local para que recibise atención» informan dende a Policía Local do Porriño.

Tras realizar as xestións de confirmación pertinentes e unha vez corroborada a súa identidade, dende as dependencias policiais porriñesas avisaron á súa familia «que recibiu a noticia con gran alivio» e trasladouse inmediatamente ao concello pontevedrés para reencontrarse con el, segundo informan dende o Concello do Porriño.

O home, cuxas iniciais son J.S, iniciara o Camiño de Santiago na cidade lusa de Porto xunto a un grupo de persoas de Ibiza, pero dende o martes perdérase o seu rastro. Ese mesmo día, J.S. tomara un ritmo máis pausado que o resto do grupo e perdeu o contacto telefonico tras ser vítima dun roubo.

A Policia Local do Porriño agradece «a colaboración cidadá e o labor de difusión da plataforma SOS Desaparecidos, que foron cruciais para a localización de J.S., permitindo así dar unha rápida resposta e dar o apoio necesario».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS