O RC Deportivo ven de informar que «decidiu prescindir dos servizos do técnico Imanol Idiakez como adestrador do primeiro equipo«, decisión que foi comunicada tras a derrota deste domingo ante o Racing de Santander.
A determinación ven «despois dunha exhaustiva avaliación do rendemento do equipo e a súa traxectoria na presente tempada», aseguran dende o club.
Dende a dirección do RC Deportivo «agradecen a Imanol Idiakez a súa dedicación e esforzo» así como «pola súa gran achega no ascenso da tempada pasada».
«Os próximos días anunciarán o nome do novo adestrador«, segundo informan dende a asociación deportiva. O adestramento deste luns 28 de outubro, será dirixido por Roberto Cabellud, responsable do área condicional.