Seprona da Garda Civil de Vilagarcía incauta 80 quilogramos de marisco. Principalmente as pezas eran de centola, procedentes da pesca furtiva, en Sanxenxo. Con motivo das datas previas á campaña do Nadal, están a incrementarse os operativos contra a pesca furtiva.
Dentro destes operativos incrementados, detectáronse nunha zona que se estaba vixiando baixo unhas ramas ocultas, dous grandes sacos cheos de marisco, entre as especies había nécoras, centolas e bogavantes. Ao atoparse vivos, en colaboración co Servizo Marítimo da Comandancia, devolvéronse ao mar.
Cabe destacar que ademais a zona onde se atopou o marisco é unha zona prohibida de pesca, polo que se podería considerar un delito de furtivismo, ademais dunha infracción grave á normativa de pesca.