jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasA Feira do Pan do Porriño, a da Cabaza en Tui, xogos...

A Feira do Pan do Porriño, a da Cabaza en Tui, xogos de mesa ou cine nas comarcas para esta fin de semana

A fin de semana xa está aquí e os veciños e as veciñas das comarcas do Condado, Paradanta, Baixo Miño e Val Miñor así como da área de Vigo dispoñen de numerosas actividades coas que desfrutar do seu tempo de lecer.

Sábado 26 de outubro

O Porriño celebra este sábado 26 de outubro unha nova edición da VI Feira do Pan a partir das 10:30 horas. Haberá mesa redonda, showcooking, concertos e mercado.

En As Neves, o escritor Jonatan Jorge Guille presenta o libro «Los días revividos» a partir das 11:30 horas na Biblioteca Municipal.

Mondariz-Balneario proxecta a película dirixida ao público familiar Coco. A proxección ten lugar na Casa do Concello a partir das 19:30 horas e con entrada de balde.

Na Guarda, comeza o cliclo de «este outono ven ao teatro» coa obra «Lixo», dirixida a un público familiar. Será a partir das 18:00 horas no Centro Cultural.

En Ponteareas, os amantes e as amantes dos xogos de mesa teñen unha cita coa sexta edición da «quedada» que organiza o Concello a partir das 16:00 horas deste sábado 26 de outubro na Cafetería Invernalia.

Tamén en Ponteareas, celébrase o centenario dunha das obras máis representativas da cultura musical da capital da comarca do Condado. Trátase de la «Leyenda del beso» e acutarán a banda Reveriano Soutullo, Unión de Guláns e Xuvenil de Xinzo a partir das 19:00 horas con entrada gratuita.

En Nigrán, continúa o ciclo de «Outono de teatro» no Auditorio Municipal coa obra Apocalipse Nau a partir das 20:00 horas. A entrada é de balde.

En Tui, está todo preparado no Mercado de San Antonio para acoller esta fin de semana a IV Feira da Cabaza organizada polo concello de Tui. O mercado de cabazas e produtos de outono, show cookings, cata, maxia, música en directo, un obradoiro infantil de Samaín ou unha charla sobre a alimentación saudable con cabaza forman parte da ampla programación prevista que comeza ás 10:00 horas coa inauguración oficial.  

En Salceda de Caselas, terá lugar a XIV edición do Serán Carballeira na Casa da Cultura A Picoña a partir das 20:30 horas.

Tamén en Salceda de Caselas comeza o Ciclo Cultural de Parderrubias coa obra de teatro «Os Limpa» representada por Expresión Teatro de Pontevedra a partir das 21:30 horas.

Domingo 27 outubro

En Gondomar, o teatro é o protagonsita durante este domingo 27 coa obra de teatro «Soños» no Auditorio Lois Tobi ás 19:00 horas. As entradas están a venda na web de taquilla do Concello.

Os veciños e as veciñas tamén poderán desfrutar da natureza cun roteiro interpretativo polos ríos Val do Home e Xesta, en Fornelos de Monte desde as 10:00 horas ata as 17:00 horas. Para participar hai que chamar ao número de teléfono 654 500 652.

O Serán desta aldea, que nesta edición homenaxea  a Divina Outerelo «do Laxeiro»,  de Sabaxáns comeza este domingo a partir das 10:30 horas na biblioteca municipal de Mondariz. Haberá obradoiros, conferencias e xantar de confraternización.

A gastronomía será unha das protagonistas na axenda cultural de Salceda de Caselas coa carne ao caldeiro «con prezos populares».

En Mos, os veciños e as veciñas poderán descubrir os carreiros de Dornelas a partir das 09:30 horas desde o local veciñan de San Francisco. Ten unha distancia de 8,2 quilómetros e unha duración de dúas horas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS