O Concello da Cañiza vén de aprobar na sesión plenaria deste xoves «unha actualización das ordenanzas fiscais das taxas do lixo, saneamento e auga» posto que «a subida do canon de SOGAMA pasou de 66 euros a tonelada en decemebro de 2023 a 88 euros a tonelada neste 2024 e subirá a prtir de xaneiro de 2025 a 108 euros a tonelada máis o 10% do IVE».
A administración local califica este incremento de «case o dobre na tonelada e que descuadra o capítulo de custes no servizo de recollida de lixo». Isto tradúcese en que, no 2025, o recibo do lixo para todos os veciños e as veciñas da Cañiza será de 88,80 euros anuais para as vivenda que se localicen no casco urbano e de 68,80 euros anuais para as vivendas do rural.
No pleno, o alcalde, o socialista Luis Piña, indicou que «o Goberno da Xunta de Galicia comunicou en xullo, de xeito unilateral e con carácter retroactivo, que se subía neste 2024 a tonelada de basura pasando de 66 euros a 88 euros a tonelada» e que se trata «dunha subida non prevista nos orzamentos nin no plan de saneamento financeiro que o Concello ten que enviar todos os anos ao Ministerio de Facenda para seguir mantendo a retención na Participación de Tributos do Estado no 25% co obxectivo de pagar a débeda de case 2 millóns de euros que debe o Concello en concepto de facturas sen abonar».
Neste contexto, «e polo incremento do IPC no 3,5% para 2024, o Concello aprobou no Plano celebrado unha proposta na modificación desta ordenanza cunha actualizción que ten como obxectivo prinicpal manter o equilibrio entre o capítulo de ingresos e gastos e non presionar demasiado aos nosos veciños nos recibos desta taxa».
Saneamento
No Pleno desde 24 de outubro tamén se aprobou a modificación da ordenanza reguladora da taxa do saneamento que tamén se salda en 2024 cuns custostotais de 167.194,05€ ( nestes costes entran os gastos xerados pola depuradora Urbana ( 82.656€,) depuradora industrial ( 36.400€), EDAR de Achas ( 14.387,01€), Edar de Valeixe ( 18.290,90€) , outras EDARS e fosas sépticas, analíticas, costes de reparacións, persoal e maquinaria.
Neste capítulo o Concello terá que sacar a curto prazo a concurso do servizo de mantemento das depuradoras urbana e industrial que están sen actualizar alomenos dende hai unha década e que suporá un incremento do doble do coste actual que está cuantificado en 5.530€/mes. Un total de 66.360,00€/ano, segundo apunta a adminsitración local nun comunicado.
Para poder cuadrar estos costes, o Concello propón unha «actualización para a taxa de saneamento urbana dun 3,1% para a cuota fixa (pasando de ingresar 12.589,20€ no ano 2024 a 12.979,46€ no ano 2025) e dun 100% para a cuota variable (pasando de ingresar 4.340,94€ en 2024 a 8.681,88€ en 2025)».
No casco urbano, o taxa actualízase en 7,42€ de mantemento trimestral máis a cuota variable en función do consumo de auga para as vivendas e comercios e en 23,51€ máis consumos trimestrais para usos industriais
No rural, o padrón de saneamento que actualmente está en fase de alegacións e consolidación tamén experimenta a actualización do 3,1% pasando dunha cuota fixa de 28,80€ a 29,69€/ ano.
Esta actualización permitirá recaudar en 2025 un total de 117.879,24 €, «tendo que asumir o Concello unha perda por este servizo de -49,314,81€».
Auga de consumo
Por último, neste Pleno tamén se aprobou a actualización da ordenanza reguladora da taxa de auga de consumo que tamén vese modificada cun incremento dun 3,1% nos recibos anuais para 2025.
Este incremento do 3,1% unicamente na cuota fixa, suporá unha subida anual de 1.612,40€ pasando de recaudar por este concepto 52.012,80€ en 2024 a 53.625,19€ en 2025. Esta cantidad sumada aos consumos (tomando como previsión o 1º trimestre de 2024 xa cobrado de 23.430,66€) , un total anual de 93.722,64€ , reflicte uns ingresos de 95.335,04€ anuais.
No casco urbano, a taxa actualízase en 7,42€ de mantemento trimestral máis a cuota variable en función do consumo de auga para as vivendas e en 12,37€ de mantemento trimestral máis consumos para usos comerciais e industriais.
Os informes deste servizo, rexistran uns custos de 162.606,74€ para este 2024. A actualización prevé uns ingresos de 95.335,04€, resultando un déficit de -67.271,70