jueves, octubre 24, 2024
InicioNewsOurense acende o Nadal o vindeiro 5 de decembro

Ourense acende o Nadal o vindeiro 5 de decembro

E a vida continúa na cidade de Ourense. Despois dunha noite na que os traballadores e as traballadoras do Concello tomaran as rúas para exixir ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, un «trato digno» e o cobro das horas extras que os sindicatos cifran nun millón de euros, a administración local vén de iniciar a instalación dos adornos do Nadal e pon data para o encendido das luces, que será o vindeiro 5 de decembro.

De xeito máis concreto, o Concello procedeu á colocación dun dos elementos máis incónicos e representativos da ornamentación da cidade das burgas como é a árbore do Nadal da Alameda. Así, durante as próximas semanas os traballos levaranse a cabo en diferentes rúas e prazas da cidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS