Terremoto político no panorama nacional. Un dos rostros e voces máis representantivas da formación da galega Yolanda Díaz, Sumar, vén de presentar a súa dimisión. Trátase de Íñigo Errejón, quen, nun comunicado apunta a problemas de saúde mental e afectivo e que «isto xera unha subxectividade tóxica que no caso dos homes o patriarcado multiplica, con compañeiros e compañeiras de traballo, con compañeiros e compañeiras de organziación, con relacións afectivas e mesmo cun mesmo».
Esta dimisión chega tras a publicación en Instagram da xornalista Cristina Fallarás na que se facía eco da declaración dunha muller.
Agora, a formación Sumar indica que «tras as informacións aparecidas esta semana, desde Sumar iniciamos un proceso para recabar información sobre as declaracións que se verteron, fundamentalmente sobre Íñigo Errejón» e apuntan que «aspiramos a construir unha sociedade y una política feminista e iso require dun compromiso firme en todos os ámbitos».