jueves, noviembre 21, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoCoral Martínez imparte un obradoiro de debuxo en Tui dentro do programa...

Coral Martínez imparte un obradoiro de debuxo en Tui dentro do programa Boas Vibes

A actividade celebrarase este sábado, 26 de outubro, de 10.30 a 13.30 horas na Sala Municipal de Exposicións e precisa inscripción previa

Este sábado, 26 de outubro, de 10.30 a 13.30 horas celebrarase na Sala Municipal de Exposicións un obradoiro de debuxo manga e cómic a cargo Coral Martínez. A artista, licenciada en Belas Artes, é docente especializada en cómic e ten traballado para DC Comis e Disney. Así mesmo, a actividade vai dirixida á mocidade de 12 a 18 anos. Para participar é preciso inscribirse en igualdade@tui.gal ou no formulario habilitado na web municipal tui.gal.

Mañá, venres 25 de outubro, dentro do programa Boas Vibes, haberá un obradoiro para o alumnado de Secundaria. Estará a cargo da cantante, compositora, produtora, e directora coral Wöyza e titularase “Rimas: batalla de equipos coas Gafas Moradas”. Logo Wöyza ofrecerá unha actuación para todo o alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón.

Por outra parte, tamén mañá, o alumnado tudense de Secundaria asistirá a un obradoiro de danzas urbanas con Yara Juncal. O resultado destes dous obradoiros poderá verse o 25 de novembro cunha coreografía grupal xunto a Yara Juncal e o tema musical reivindicativo froito do obradoiro impartido Wöyza. Neste acto tamén contarase coa participación da poeta Yolanda Castaño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS