miércoles, octubre 23, 2024
InicioNewsActualidadeA OPE da Xunta elevará ata os 20.000 os profesores incorporados desde...

A OPE da Xunta elevará ata os 20.000 os profesores incorporados desde o ano 2009

A Xunta anuncia que lanzará unha nova oferta de emprego público en 2025 que consolidará o cadro de persoal docente de Galicia ata chegar ao máximo da taxa de reposición.

O presidente do executivo galego, Alfonso Rueda, sinalou durante a sesión de control no Pleno do Parlamento de Galicia, que a Xunta «seguirá mellorando o cadro de profesorado do sistema educativo como ven facendo dende o ano 2009, ata chegar ás 20.000 prazas».

Tras este anuncio e cumprir co obxectivo, Galicia agotará o máximo da taxa de reposición fixada polo Estado, do 120% e «terá o cadro de persoal máis elevado que nunca houbo na comunidade», aseguran dende a Xunta.

Presupostos 2025

Durante a sesión de control, o presidente da Xunta de Galicia fixo tamén unha valoración dos presupostos presentados recentemente polo goberno galego para o próximo ano 2025.

Rueda anunciou que os novos presupostos marcarán «o maior presuposto co que contou nunca Galicia» ademais, engadiu que «o 75% está destinado a gasto social, contémplanse rebaixas fiscais, amplíanse prazas de residencia, comtémplanse axudas á conciliación, triplícanse os presupostos para a vivenda e, en definitiva, axúdase a vertebrar Galicia».

O obxectivo, segundo o propio titular do executivo galego «é conseguir unha Galicia cada vez máis social e seguir cumplindo cos galegos e galegas».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS