jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasA nova edición do Serán desta aldea, en Mondariz, homenaxea á veciña...

A nova edición do Serán desta aldea, en Mondariz, homenaxea á veciña Divina Soutelo de Sabaxáns

Conta atrás para que os veciños e as veciñas de Mondariz celebren, un ano máis, o Serán desta aldea. O evento, que pon en valor o baile comunal e que conta coa colaboración do Concello, Cultura de Galicia, Asociación de Gaiteirxs Galegxs – AGG así como de CEAR Castromaio Grupo Folclórico, terá lugar o domingo 27 e o xoves 31 de outubro.

Así, Mondariz homenaxeará a Divina Outerelo, coñecida como a «do Laxeiro», veciña da parroquia de Sabaxáns, que é a aldea protagonista de esta edición do 2024.

O obxectivo, segundo apuntan desde a adminsitración local, é «reivindicar as nosas grandes mestras da tradición e colaborar a consolidalas coo referente vivo que son«.

Programación

O domingo 27 de outubro inaugurase a nova edición de «O serán desta aldea» a partir das 10:30 horas e terán lugar un obradoiro de pandereita con María Vidal e un relatorio sobre a construción da imaxe feminina nas coplas da música tradicional galega con Esther Taboada ás 10:45 horas e ás 13:00 horas, respectivamente.

Máis tarde, sobre as 13:45 horas, comeza o coloquio «As coplas: que queremos dicir co cantar de tradición oral» no que participarán tanto Esther Taboada como María Vidal así como Xisco Feijóo.

A hora do xantar chega ás 14:30 horas para dar paso a un obradoiro, ás 17:30 horas, sobre o baile nos seráns en Sabaxáns con Xisco Feijóo.

A homenaxe a Divina Outerelo será o xoves 31 de outubro a partir das 20:00 horas e media hora despois comezará unha sesión de serán aberto na Praza de Abastos de Mondariz.

A asistencia é de balde previa inscrición agás para as actividades que teñen lugar o xoves. As persoas interesadas en participar poden escribir a secretaria@gaiteirosgalegos.gal ou chamar aos números de teléfonos 986 847 074 ou 982 229 966

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS