jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasA cidade de Vigo conta cunha nova rampla mecánica na contorna do...

A cidade de Vigo conta cunha nova rampla mecánica na contorna do centro comercial Vialia

Vigo vén de sumar una nova rampa mecánica coa que os veciños e as veciñas así como as persoas que visiten a cidade olívica poderán salvar unha pendente do 13%. Localízase na contorna do Centro Comercial Vialia. Concretamente, na rúa Escultor Gregorio Fernández.

Neste contexto, o alcalde Abel Caballero lembrou que «as cinco novas ramplas que están operativas desde hoxe na rúa Escultor Gregorio Fernández hai que encaixalas no conxunto do gran corredor que parte desde o Areal e ascende ata o Barrio de Ribadavia a través de distintos elementos mecánicos».

“Estamos a facer un sistema de mobilidade completamente distinto. O modelo é poder resolver toda a altura de Vigo a través de medios mecánicos”, incidiu o alcalde.

Máis rampas mecánicas

Caballero anunciou que o Concello seguirá poñendo ramplas mecánicas e ascensores en distintas rúas de Vigo e que, en paralelo, «refórzase o servizo de mantemento para que o funcionamento sexa continuo”.

Entre os datos destacados por Caballero figuran os 2 millóns de viaxes que se realizarán este ano a través do HALO, así como os máis de 10 millóns rexistrados nas ramplas da Gran Vía e os máis de 3 millóns que se contabilizarán nas de Escultor Gregorio Fernández.

As novas ramplas da rúa Escultor Gregorio Fernández foron financiadas ao 75 por cento, un total de 1.911.58 euros, polo Goberno de España a través dos Fondos Next Generation para o ministerio de Economía, Comercio e Empresa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS