jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsRueda anuncia 14 millóns de euros para equiparar os hospitais comarcais de...

Rueda anuncia 14 millóns de euros para equiparar os hospitais comarcais de Galicia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Executivo galego reserva máis de 14 millóns de euros nos orzamentos de 2025 para seguir modernizando e equipando aos hospitais comarcais. 

Durante unha visita as novas Urxencias do Hospital de Verín na que estivo acompañado polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, Rueda salientou a aposta da Xunta por ofrecer “unhas instalacións sanitarias de primeira” a pacientes e profesionais, na que os hospitais comarcais de Galicia son unha peza clave ao garantir unha asistencia próxima e de calidade a todos os galegos. Neste liña, destacou que este tipo de centros ofrecen “moitos servizos” que ata “hai só uns anos” unicamente eran accesibles nos hospitais de maior tamaño.

O presidente lembrou que a Xunta ten en marcha a maior transformación das infraestruturas hospitalarias na historia de Galicia con grandes proxectos nas cidades, pero tamén no rural e no interior da comunidade. Por iso, nos orzamentos do vindeiro ano increméntase case un 5% a partida para mellorar os hospitais e centros de saúde ata chegar a preto dos 270 millóns de euros. Entre as melloras para os hospitais comarcais no 2025 se inclúen, entre outras, a renovación de todos os ecógrafos.

Desde a Xunta, indican que «a aposta do Goberno galego por unha sanidade pública de calidade queda reflexada no feito de que a maior parte dos orzamentos” -tres de cada catro euro- son para este eido» e que «un total de 5.400 millóns de euros, o que supón “un novo récord», indicou Rueda.

Novas urxencias

O novo edificio das Urxencias e do PAC do Hospital de Verín, que abrirá as súas portas este xoves, supón ofrecer aos pacientes e aos profesionais unhas instalacións máis modernas, accesibles e confortables. A nova infraestrutura triplica a superficie das anteriores Urxencias e libera espazo no hospital matriz, o que permitirá mellorar servizos que precisan ampliar a súa capacidade como ocorre co Hospital del Día. 

O Hospital de Verín da servizo a máis de 46.400 veciños do distrito sanitario de Verín e cada ano atende preto de 15.000 urxencias hospitalarias e a través do Punto de Atención Continuada.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS