viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeComezan en novembro os traballos para exhumar aos cinco de Cabreira, en...

Comezan en novembro os traballos para exhumar aos cinco de Cabreira, en Salvaterra de Miño

Comeza a conta atrás para que os veciños e as veciñas de Salvaterra de Miño coñezan os nomes das cinco persoas que permanecen enterradas no adro da igrexa de Cabreira desde hai 88 anos. E é que o Estado destina unha partida económica para exhumar a fosa na que permanecen os coñecidos como «paseados» na Guerra Civil.

Desde ese momento ata o de agora, e logo de que foran os veciños e as veciñas da parroquia os encargados de velalos e enterralos, nada se sabe sobre eles máis que forman parte da lista de asasinados durante a guerra.

Neste contexto, será en novembro cando comecen os traballos que posibiliten analizar o ADN. Encargarase o grupo Histagra logo de anos de traballo da Comisión pola recuperación da memoria histórica do Baixo Miño – Louriña

Explicao para Si Radio Helena Pousa:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS