martes, octubre 22, 2024
InicioNewsComarcasAsí son as tapas que participan na nova edición de Pinchotea, en...

Así son as tapas que participan na nova edición de Pinchotea, en Ponteareas

Conta atrás para que comece unha nova edición da ruta de pinchos que pon en marcha o Concello de Ponteareas co obxectivo de dinamizar a hostalería local. Neste contexto, a adminsitración local deu a coñecer as propostas dos 18 locais.

Papelón con limónMini cachapa venezolana

O local Papelón con limón, situado na contorna do Concello de Ponteareas, propón unha mini cachapa venezolona, elaborada cunha base suave e dourada de millo doce xunto con queixo tetilla e porco de castañas.

Esta opción está dispoñible sen glute, segundo apuntaron desde o local.

Casa Ferreira

O local que se localiza na rúa Doutor Fernández Vega, Casa Ferreira, participa na segunda edición de Pinchotea cunha proposta de tosta con xamón asado.

Cortiñas- O fresco

Pola súa banda, a cafetería Cortiñas, que se localiza na Praza Marior do municipio, ofrece a tapa «o fresco». Trátase dunha combinación de sabores mediante unha tosta de pan do avó con queixo crema máis unha capa de marmelada de pemento de Guláns.

Carlota Burguer- TEA PTC UNA BURGUER?

A hamburguesería Carlota Burguer, na Avenida Castelao, participará na nova edición de Pinchotea cunha «explosión de sabores», segundo indican, con carne de vaca vella, queixo tetilla, guacomalone e outros ingredientes como pan negro.

O túnel- Pera limonera

O local que se localiza nun dos laterais da Praza Maior, O túnel, propón «a pera limonera» para participar na nova edición da ruta de pinchos en Ponteareas. A tapa ten forma desta froita e a súa textura é «crocante» e está rechea de mariscos frescos e verduras salteadas.

Macdona

O restaurante do Paseo Matutino, Macdona, participa en Pinchotea cunha proposta elaborada con pobo cocido e base crocante de millo.

Romi

No caso do local Romi, que se atopa na contorna do Auditorio Municipal, participa coa proposta «plumas de naranja». Trátase de alitas de pito elaboradas a partir dunha redución de zume de laranxa sobre unha cama de arroz branco e pan para acompañar.

Troll- Chili al estilo troll

A hamburguesería e bocatería Troll participa en Pinchotea cunha «mestura de carnes galegas con fabas vermellas nun guiso especiado con tomate, chili e un toque especial». Localízase na beira do Auditorio Municipal.

D´Peyo- Empanada de follado de cogomelos con tetilla

O local D´Peyo, na Praza Maior, participa cun pincho de empanada de follado elaborado a base de tetilla e cogumelos. Conta con ovo e guarnición de follas frescas así como unha redución balsámica, entre outra cuestións.

Eiravella- Mar e terra

A vinoteca Eiravella, na Avenida Rosalía de Castro, participa en Pinchotea cunha proposta denominada «mar e terra» na que mesturan diferentes productos en forma dunha ostra.

Tapería Luna Flores-Con fusión Tropical Gratinada

A tapería Luna Flores, na Avenida Castelao, propón unha combinación que «fusiona o mellor do mar e a terra» como é o caso de camaróns, pementos ou leite de coco, entre outras cuestións.

Mamá fina- Taco de cochinita pibil con guacamole e chicarrón

O local de comida mexicana que se atopa na contorna dos institutos públicos, Mamá fina, participa en Pinchotea cunha combinación de tortilla de trigo, guacamole e chicharrón, entre outros productos.

Xirope

O local Xirope, no Paseo Matutino, propón un petisco que combina pan de cereais e marmelada de pementos de Guláns así como mazá e xamón serrano.

Novo Melodi- Surprise

Surprise é o petisco que propón o local Novo Melodi cunha combinación de masa caseira sobre unha base de salsa tártara. Contén cebola, marmelada de tomate, rulo de cabra e módena.

A cafetería localízase na contorna da Praza Bugallal.

La Preciosa

O local La Preciosa, na Rúa Trovador Xoan García de Guillade, propón recuperar un plato típico como é o caso dos callos con pasta.

Bar ciudad

Finalmente, o Bar ciudad, na rúa Carballos, propón unha hamburguesa que contén queso cheddar e outros ingredientes como o pepino e patatas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS