martes, octubre 22, 2024
InicioNewsComarcasSoutomaior celebra o Samaín cun maratón de cine de terror, un Escape...

Soutomaior celebra o Samaín cun maratón de cine de terror, un Escape Room e moito máis

Conta atrás para que Soutomaior celebre unha das festividades máis agardadas polos galegos e polas galegas. Trátase de Samaín que este ano chega a Soutomaior cunha programación que contempla desde un maratón de cine de terror ata un espectáculo de Noite de Ánimas ou unha degustación de postres a prezos populares.

Deste xeito, as actividades comenzarán o día 27 e continuarán tanto o 31 de outubro como o 2 e 3 de novemebro con diferentes actividades para todos os públicos. Entre elas, un espectáulo de Noite de Ánimas, de Hípica Celta, a música da “Duendeneta”, a contada de “Celsiño” e a Maratón de cine de terror así como unha degustación de sobremesas a prezos populares.

Programación

A celebración desta festa comezará o 27 de outubro cun obradoiro de cabazas na Finca Cafexo-Massó, unha cita para a cal se precisa inscrición previa e que está destinada para toda a familia. 

O día grande da celebración será o xoves, 31 de outubro, cunha festa á que dende o Goberno Local animan a participar «a todas e todos os veciños coa caracterización dunha personaxe típica desta época do ano».

O xoves a actividade comezará ás 17:45 na Praza de Cima de Vila onde haberá un obradoiro de candeas e maquillaxe. Segundo apuntan desde a administración local, trátase «dunha actividade creativa e divertida na que elaborar os soportes que portarán as candeas que logo poderás usar para participar no gran pasarrúas e onde tamén haberá a oportunidade de maquillarse cunha estética de medo». 

Xa ás 19:00h. dará comezo nesa mesma praza a Noite de Ánimas, coa animación a cargo de Hípica Celta que consistirá nun pasarrúas que se iniciará no cruce de Praza de Cima de Vila percorrerá a avenida Xosé Solla para rematar en Talo Río.

Pola súa banda, a Santa Compaña e o seu séquito guiarán aos veciños e as veciñas así como as persoas que visiten este percorrido que será «moi participativo», tal e como explican desde o Concello de Soutomaior.

Coa chegada deste pasarrúas a Talo Río continuará a celebración do Samaín a partir das 20:30 horas co tren asador de castañas con degustación de balde. Ademais, haberá petiscos de Samaín, a prezos populares, a cargo da Asociación de Empresarias/os de Arcade e Soutomaior. 

En Talo Río tamén haberá sitio para ambientación interactiva ENTREOSMUNDOS, un espazo onde os veciños e as veciñas entrarán no mundo das tradicións «dunha época do ano na que celebramos a colleita, comemos castañas, bailamos e tocamos arredor da fogueira…».

As personaxes que estarán presentes neste ENTREOSMUNDOS, farán partícipes tamén doutras experiencias nas que non faltarán os «conxuros, meigallos e  moitas sorpresas«. Para esta actividade dende o concello animan á que os e as asistentes leven a súa cabaza da casa. 

Música

A música estará a cargo de a Duendeneta, que se encargará de animar a velada ata a fin da noite do xoves 31 de outubro.

Xa na xornada do sábado 2 de novembro aterrará no Multiúsos de Arcade o Escape  Room Especial Samaín. Alén da Morte! no que as persoas que participen formarán parte «dunha trepidante historia que acontece transitando por un camiño que conduce ao Alén, cheo de retos nos que terán que decidir o futuro das ánimas e incluso devolvelas á vida».

Haberá 2 salas para este escape room unha para nenas e nenos de 3 a 7 anos e outra para nenas e nenos a partir de 8 anos. Con todo serán un total de 5 pases en cada sala (17:00, 17:30, 18:00, 18:30 e 19:00). Para este escape room precísase inscrición previa. 

Flocos de millo de balde

O sábado, 2 de novembro, tamén aterrará no Multiúsos, a partir das 20:00 h.,  o Maratón de Cinema de Terror, coa proxección de Biltelchús, El Exorcista e IT e con flocos de millo de balde nos descansos de cada película. 

Xa na xornada do domingo 3 de novembro chegarán a Finca Cafexo – Massó acollerá os contos polo samaín ‘O medo ponse no medio’ con Celso Fernández Sanmartín ‘Celsiño’. Esta actividade xira en torno a «contos e historias de medo abertas en diálogo para que quen asista poida, como sempre se fixo, contar os seus medos nun ambiente  estimulante e de confianza cun lume aceso a pe de chan».

Desde o Concello de Soutomaior, apuntan que é «unha cita destinada a público adulto, para maiores de 14 anos, que será de balde e que contará con dous pases. Un ás 16:30h e o outro ás 19:00h». Tamén é necesario realizar una inscrición previa.

Como inscribirse?

Todas as actividades que precisa inscrición previa as e os interesados deberán de inscribirse en liña dende este venres, 18 de outubro, ás 10:00 h. en https://www.gabinetesoutomaior.com/

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo anima a todo o mundo a «participar neste data tan nosa, trátase dunha celebración tradicional, agardo que as veciñas e veciños se animen a vivir esta tarde-noite máxica, misteriosa e apaixoante que lles temos preparados dende o concello”. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS