martes, octubre 22, 2024
InicioNewsRescatan a tres tripulantes dunha embarcación con base en Cangas tras sufrir...

Rescatan a tres tripulantes dunha embarcación con base en Cangas tras sufrir unha fuga entre as Cíes e Ons

Salvamento Marítimo vén de notificar o rescate na tarde deste luns de tres tripulantes dun pesqueiro galego que sufriu unha vía de auga entre as Illas Cíes e Ons. Esta embarcación ten a súa base en Cangas e, segundo apuntan, as tres persoas atópanse en bo estado.

Sobre as 16:00 horas desta tarde, unha lancha de Salvamento Marítimo, Salvamar Mirach, desprazouse ata o punto no que se produciu o suceso para achicar a auga que estaba afundindo á embarcación. Finalmente, o pesqueiro foi remolcado ata o porto de Cangas.

No operativo tamén participou un helicóptero de Gardacostas de Galicia e unha patrulleira da Garda Civil.

Lugar do suceso, entre as illas Cíes e Ons//Salvamento Marítimo
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS