A Feira do Pan do Porriño volve un ano máis para destacar o valor dun dos produtos máis representativos da súa gastronomía, o Pan do Porriño. O Concello do Porriño impulsa este programa en colaboración coa Asociación de Panadeiros do Porriño. Este evento supón un recordatorio da importancia de valorizar un producto con historia e acercar a súa tradición panadeira á poboación. Así mesmo, actúa como punto de encontro para os panadeiros e artesáns que forman parte deste saber facer.
Esta sexta edición celebrarase na Praza Arquitecto Antonio Palacios o sábado 26 de outubro, día no que se levará a cabo o nutrido programa de actividades organizadas con motivo deste evento. As accións terán lugar entre as 10:30 e as 19.00 horas e son de asistencia totalmente gratuíta.
Durante a celebración da feira instalarase un merdado de postos de artesanía na contorna da Praza Arquitecto Antonio Palacios. Aqueles interesados en formar parte do Mercado da VI Feira do Pan do poderán solicitar a súa inclusión no mesmo contactando coa organización no teléfono 604 044 529.
A Feira do Pan do Porriño, un evento con moita miga
A xornada comezará cunha Mesa Redonda. Neste coloquio participarán os responsables da Asociación de Panadeiros do Porriño, xunto co alcalde, Alejandro Lorenzo, e máis Edu Lavandeira. Os temas que se abordarán neste encontro estarán relacionados coa historia e importancia do Pan do Porriño. Tamén tratarán o traballo levado a cabo pola asociación e a importancia que supón para o Concello este elemento gastronómico tan representativo.
Por outra banda, terá lugar mostras de showcooking con Pan do Porriño da man de Julio Mato. Así mesmo, a xornada contará con “Peque Pan”, un obradoiro de pan para nenos e nenas impartido pola Asociación de Panadeiros do Porriño. Como peche de ouro, a VI Feira do Pan do Porriño contará cun concerto da banda Somoza Trío.