O túnel do Folgoso, na Cañiza, pechará a próxima semana para que o Ministerio de Transportes e Movilidade Sostible leve a cabo traballos de mellora no equipamento de seguridade do túnel, tras os danos sufridos a causa dos temporais e do incendio que se produciu no seu interior.
Cortes de tráfico
Os cortes de tráfico realizaranse para garantir a seguridade dos operarios e usuarios da vía. Deste xeito, a partir das 9:00h da mañá do próximo luns 21 de outubro, a calzada permanecerá pechada en sentido Ourense e reabrirá ás 23:59 do mércores 23.
Tras o peche dos carrís sentido Ourense, procederase ao peche da calzada sentido Vigo dende a media noite do xoves 24 de outubro ata as 23:59 horas do sábado día 26.
Ademais, habilitarase un desvío sinalizado polas estradas N-559 e N-120. Os vehículos abandoarán a A-52 no kilómetro 281,8 e reincorporaranse no 269,7.