jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeActividades para esta fin de semana no sur de Pontevedra: plans para...

Actividades para esta fin de semana no sur de Pontevedra: plans para toda a familia, gastronomía, cine e teatro

O sur da provincia de Pontevedra está cheo de actividades de ocio e culturais para o desfrute de todos os veciños e veciñas da contorna.

Estas son algunhas propostas para esta fin de semana para todas as idades.

Venres 18 de outubro

Contacontos – O Rosal

A Biblioteca Municipal do Rosal acollerá a partir das 18:00h o contacontos infantil «A bruxa Maruxa non quere ser bruxa». A entrada será de balde e a actividade enmárcase na programación do Concello «Venres Rebuldeiros», que ten como fin achegar a cativada á lectura.

Foodtruck ‘Galicia Sabe a MarPorriño e Mos

As foodtrucks da campaña ‘Galicia Sabe a Mar’ estarán nos concellos de Porriño e Mos para que os veciños e veciñas poidan degustar os petiscos de orixe galego.

Ciclo de Teatro – Tui

O Teatro Municipal de Tui dentro acollerá ás 19.00h o espectáculo “A trompa non é so cousa de elefantes” da man de Catro Cores. Esta formación integrada Ana Vergara, Aida Lozano, Mónica García e Alma Sarasola é o único cuarteto de trompas de Galicia.

Festa Furancheira de Parderrubias – Salceda de Caselas

A partir das 20:00h da tarde Parderrubias comezará a súa primeira edición da Festa Furancheira na Finca da Lavandeira, que estará amenizada polo grupo de Gaitas Xunco.

A segunda xoranda continuará o sábado 19, a partir das 12:00h da mañá, coa sesión vermú e a partir das 20:00h da tarde a festa volverá estar amenizada polo grupo de Gaitas Xunco.

Sábado 19 de outubro

Teatrea – Ponteareas

O grupo de teatro Pena do Equilibro presentará a súa obra «Día dixital» ás 20:00h no auditorio Reveriano Soutullo con entrada de balde.

Ciclo Clásico «Antonio Palacios» – O Porriño

O auditorio do centro cultural municipal do Porriño acollerá unha conferencia e concerto denominado «O piano na obra de Reveriano Soutullo (1880-1932)» presentado polo pianista Alejo Amoedo.

Foodtruck Galicia Sabe a MarArbo

As foodtrucks da campaña ‘Galicia Sabe a Mar’ estarán no concello de Arbo para que os veciños e veciñas poidan degustar os petiscos de orixe galego.

Mostra de Teatro Afeccionado – O Porriño

A compañía Farándula Velutina ofrecerá a obra «O Agasallo» ás 21:00h no Centro Cultural A Forna de Budiño con entrada libre e de balde ata completar prazas.

XIII Mostra de Corais – Salceda de Caselas

O Auditorio Municipal de Salceda de Caselas acollerá dende ás 20:00h a XIII Mostra de Corais, onde participarán a Coral Polifónica de Entenza e a Coral Oihartzuna de Muskiz (Bizkaia).

Domingo 19 de outubro

Teatrea – Ponteareas

O grupo de teatro «Os Serodio» ofrece a súa obra «Sete Mulleres para un home» ás 18:00h no auditorio municiapal Reveriano Soutullo con entrada de balde.

Ciclo Clásico «Antonio Palacios» – O Porriño

O auditorio do centro cultural municipal do Porriño acollerá o concerto-presentación dos CDs «Saudades d’Alborada» e «No meu peito», un compendio de baladas e zarzuelas galegas. Dará comezo ás 19:00h.

Foodtruck Galicia Sabe a MarFornelos de Montes

As foodtrucks da campaña ‘Galicia Sabe a Mar’ estarán no concello de Fornelos de Montes para que os veciños e veciñas poidan degustar os petiscos de orixe galego.

Cine en Goián – Tomiño

O auditorio municipal de Goián convertirase nunha sala de cine coa proxección da película familiar ‘Elemental’. A función dará comezo ás 17:30h.

Ciclo de Teatro de Outono – Gondomar

Este domingo, ás 19:00h comeza o Ciclo de Teatro de Outono no Auditorio Lois Tobio. A obra inaugural será “A Panadeira” da compañía Verbolaria e cun director propio de Gondomar, Juan Bas.

Mostra de Teatro Afeccionado – O Porriño

A compañía Abran paso! Teatro ofrecerá a obra «Heroes en decembro» ás 18:00h no Centro Cultural de Pontellas con entrada libre e de balde ata completar prazas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS