sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsActualidadeOs funcionarios e funcionarias do Concello de Ourense plántanse e van a...

Os funcionarios e funcionarias do Concello de Ourense plántanse e van a folga polas «aldraxes do alcalde e polos impagos»

Os funcionarios e as funcionarias do Concello de Ourense plántanse e convocan dous días de folga. Explican que non poden soster máis a situación que sofren co alcalde Gonzalo Pérez Jácome e critican as «aldraxes» recibidas constantemente.

Do mesmo xeito, explican que «o Concello liderado por Gonzalo Pérez Jácome adeuda un millón de euros de horas extras impagadas«.

En folga o día 31 de outubro e o 4 de novembro

Os traballadores e traballadoras municipais estarán en folga o día 31 de outubro e o 4 de novemebro, días importantes para a cidade, xa que entre outros motivos, celébrase o día de Todos os Santos nos cemiterios municipais.

Pola súa banda, o alcalde critica a “mala fe” dos sindicatos con representación no Concello pola convocatoria de folga. “É unha folga de mala fe e con picaresca que realmente deixa en moi mal lugar estes sindicatos”, manifestou o rexedor da cidade das burgas Gonzalo Pérez jácome

Ademais, Pérez Jácome cualifica de “certa maldade” por parte dos sindicatos que “intentan que a folga afecte a un día clave, xa que o día 31 é a xornada dos preparativos do día grande dos cemiterios”, que é a celebración de Todos os Santos, “coa finalidade de que ese parón do 100% a noten os cidadáns” nas súas visitas aos camposantos municipais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS