Non hai marcha atrás para a Liña de Alta Tensión (LAT) de 400 KV que atravesará os montes de A Paradanta. O Goberno convocou xa o levantamento de actas previas á ocupación e actas de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución desta liña aérea de transporte de enerxía eléctrica, no tramo Fontefría-Fronteira Portuguesa, que promove a Rede Eléctrica de España. En total, son preto de 350 propiedades as que serán expropiadas: 180 en Arbo, 156 en A Cañiza, nove en Covelo e unha en As Neves.
O proxecto, que leva anos sendo diana das protestas veciñais e para o que se presentaron centos de alegacións, conseguiu a autorización administrativa para a súa construción do Consello de Ministros o pasado 27 de decembro de 2023. O visto bo do Goberno central tamén daba luz verde á declaración de utilidade pública, é dicir, á expropiación forzosa e urxente dos terreos necesarios para acometer a obra.
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou esta semana a convocatoria para o levantamento de actas para a ocupación destas propiedades, na súa maioría superficies arboradas, matogueiras, viñedos, prados, fincas de labranza e só dúas vías de comunicación de dominio público, propiedade do Ministerio de Fomento.
Os propietarios dos terreos afectados deberán comparecer na sede dos Concellos de Covelo, A Cañiza, As Neves e Arbo para proceder ao levantamento das actas previas de ocupación. O veciños e veciñas de Arbo están citados os días 13 e 14 de novembro; os de A Cañiza os días 2 1 21 de mesmo mes e os de Covelo e As Neves os días 21 e 22, respectivamente, tamén de novembro.
A Liña de Ata Tensión atravesará os montes de A Paradanta con 400 KV de enerxía desde Fontefría hasta a fronteira con Portugal. Desde que se someteu o proxecto a exposición pública no ano 2013 foron numerosas a protestas e manifestacións dos veciños e veciñas da comarca, que presentaron centos de alegacións en contra da súa execución polo seu impacto sanitario, medioambiental, económico e visual.