sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsActualidadeO porriñés Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata o 2027

O porriñés Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata o 2027

O porriñés Claudio Giráldez continuará sendo o adestrador do primeiro equipo do RC Celta ata o 2027. Así o vén de comunicar o propio club a través dunha nota de prensa na que apuna que «afiánzase o camiño que recorre da man da afeción coa renovación do adestrador ata xuño de 2027»

Apuntan desde o Celta que «é un técnico xove, formado na casa, e no que o club confiou no tramo final da pasada tempada». Agora, liderará o proxecto dous anos máis.

Co porriñés de adestrador do primeiro equipo do Celta, disputáronse 19 partidos na Liga dos que acumulou 9 victorias e tres empates, conseguindo unha media de 1,58 puntos por encontro.

Neste contexto, o RC Celta indica que «con esta renovación o club potencia o seu proxecto, reforza o crecemento da súa canteira e proporciona ao celtismo unha proposta futbolística propia, alegre, ambiciosa e gran vistosidade«.

Xunto á Claudio Giráldez, renova tamén a totalidade dos actuais integrantes do corpo técnico.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS