martes, diciembre 3, 2024
InicioConcellos +ArboGalicia Sabe Amar regresa a Arbo cunha segunda edición da campaña

Galicia Sabe Amar regresa a Arbo cunha segunda edición da campaña

A foodtruck desta campaña da Xunta de Galicia, estará ó sábado 19 de outubro de 9:00 a 15:00 horas no municipio

Arranca a segunda edición da campaña Galicia Sabe Amar, impulsada pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia. Esta iniciativa chegará á Praza do Mercado o vindeiro sábado, 19 de outubro. Así mesmo, dende ás 9:00 a 15:00 horas haberá degustación gratuíta de produtos do mar no “restaurante móbil” da Xunta de Galicia.

Galicia Sabe Amar é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar. Ademais, busca impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo, así como difundir os beneficios nutricionais dos produtos do mar e a sustentabilidade da actividade marítimo-pesqueira. Tamén promove o consumo e a venda de peixe e marisco e poñer en valor o labor dos profesionais do mar que contribúen á subministración de alimentos de calidade.

A primeira edición da campaña, tiña lugar en outubro de 2023. Esta tuvo unha gran acollida entre a veciñanza de Arbo e os compradores na Praza do Mercado. Ademais, os praceiros da Praza de Abastos participaron na actividade.

O Concello de Arbo anima a que «todos e todas se acheguen a probar as delicias que serán preparadas polo cociñeiro da foodtruck. Tamén a que compren os seus produtos frescos na Praza de Abastos para cociñar as súas receitas. Ademais, a Praza de Mercado poderán comprar produtos de calidade».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS