Fillas de Cassandra é un grupo de música en galego formado por Sara Faro e María Soa, dúas rapazas de Vigo, que comezaron a súa andadura como grupo no ano 2022 e que dende entón, non deixaron de subirse a escenarios de todo o mundo.
Actuaron xa por toda Galicia, España e incluso Marrocos, e veñen de estrearse o pasado mes de setembro no mundo cinematográfico como autoras da canción «Cuando nadie ve», tema principal da película «Soy Nevenka«.
Os micrófonos de Si Radio abríronse para conversar coa integrante do grupo, Sara Faro. Podes escoitar a súa entrevista a continuación.