O Concello de Porriño acolleu hoxe a presentación da oferta formativa da UNED Porriño para este curso. O evento que contou coa presenza do alcalde, Alejandro Lorenzo, o director da UNED Pontevedra, Víctor M. González, e o coordinador de Extensión Universitaria, Rafael Cotelo. A Universidade Nacional de Educación a Distancia o ampliou a súa oferta no municipio, incluíndo graos oficiais en Dereito, Socioloxía e Traballo Social. Estes programas permiten aos estudantes avanzar ao seu propio ritmo, beneficiándose de recursos de alta calidade e acompañamento académico personalizado.
Ademais, a UNED Porriño ofrece actividades e cursos de extensión universitaria para quen desexe completar a súa formación. Entre estas atópase un curso para a obtención do título da ESO para maiores de 18 anos e os cursos de UNED Senior, deseñados para fomentar a aprendizaxe sen límite de idade. Tamén se ofertan novos cursos, como a segunda parte do taller de xestión do estrés a través do movemento e un curso sobre a elaboración de pan de «masa madre», rescatando a tradición culinaria.
Presentación da oferta formativa
O director da UNED, Víctor M. González, agradeceu “o compromiso do Concello do Porriño coa UNED. Somos unha universidade vinculada ao territorio e iso non sería posible sen o compromiso das institucións e a súa colaboración. Un compromiso compartido enfocado a dinamizar na medida das nosas posibilidades a nosa presenza no Porriño”. González concluíu animando á veciñanza do Porriño e da contorna a estar este novo grao de Dereito.
Pola súa banda, o alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou a importancia de seguir ampliando a oferta educativa no Porriño. O edil subliñou que «é fundamental que a xente poida estudar e forxarse un futuro sen necesidade de abandonar o seu pobo». Engadiu que isto non só beneficia aos cidadáns, senón que tamén é clave para o desenvolvemento do concello, xa que «Porriño conta cun gran potencial industrial con máis de 2.200 empresas e formar persoal cualificado para elas supón un avance enorme».
Alejandro Lorenzo concluíu apuntando que “en definitiva, a UNED no Porriño representa o noso compromiso coa educación e o desenvolvemento local e sempre estarei agradecido porque ese compromiso co noso pobo e a nosa xente sea mutuo”. A UNED do Porriño empezou a súa actividade no curso 2022-2023, consolidándose ao longo dos seguintes anos cunha gran acollida por parte da cidadanía.