Un espectáculo musical e teatral para público familiar é o que chega este venres ao Teatro Municipal de Tui dentro da programación de outono. Será “A trompa non é so cousa de elefantes” da man de Catro Cores. Esta formación integrada Ana Vergara, Aida Lozano, Mónica García e Alma Sarasola é o único cuarteto de trompas de Galicia. A obra está recomendada para nenos e nenas de un a seis anos. As entradas están á venda até 10 minutos antes do inicio en tui.gal ao prezos de tres e catro euros.
Neste espectáculo, dirixido á primeira infancia, propoñen aprender a descubrir pouco a pouco a forma e a sonoridade dun instrumento musical: a trompa. As partes deste instrumento están agochadas polo escenario e as catro instrumentistas terán que atopalas para poder facer música con el.
Finalmente construirán a trompa e con ela xogarán coas cores e melodías de diferentes pezas musicais nun concerto que estimula o sentido da vista e do oído. Ao longo dos 34 minutos da función a trompa será a canle para crear diferentes ambientes e movementos inspirados en animais como un paxaro, un felino, o mundo oceánico e un elefante. A dirección corresponde a Laura Sarasola.