O expositor de Galicia de Fitur foi novamente premiado como mellor stand na categoría de institucións e Comunidades Autónomas. Este recoñecemento oficializouse hoxe en Madrid. A calidade e orixinalidade do stand da Xunta de Galicia foron os indicadores máis valorados por parte do xurado. Tamén salientou o impacto visual, a súa operatividade, a atención e o material de promoción presentado. Con este recoñecemento, a Xunta de Galicia resulta ser unha das institucións máis premiadas ao longo da historia de Fitur.
«Galicia é agua»
O stand da Comunidade en Fitur 2024 levaba por título «Galicia é auga». Ao redor del xerouse un espazo que representaba a auga como elemento natural que define a identidade de Galicia. Deste modo, poñía en valor este recurso a través da oferta relacionada co mar, ríos, termalismo, mananciais, fervenzas, fontes, lagoas, a choiva e outros.
Turismo de Galicia pretendía desta xeito proxectar Galicia como un destino singular dende a perspectiva dun turismo de calidade e sostible. Así mesmo, dun espazo concibido como un conxunto escenográfico transmisor da diferenciación e autenticidade da Comunidade como destino turístico.
Á hora do deseño e elaboración deste espazo, tivéronse en conta parámetros sostibles. Entre eles, o uso de materiais reciclados e reciclables, materias primas de proximidade e a aposta pola artesanía creativa galega usando refugallos para convertelos en recurso (redes e cordas mariñeiras). Este último rasgo apoiaba ao emprendemento artesán e ao mantemento das tradicións que forman parte da cultura mariñeira.
Tamén promoveuse a artesanía local e creativa coa presenza das Redeiras de Corme realizando labores con refugallos procedentes das artes de pesca, así como o apoio ao emprendemento artesán e ao mantemento de tradicións. Ademais tiña módulos dedicados á oferta turística xeral, establecementos turísticos co selo de Galicia Calidade, Q de Calidade e S de Sostibilidade, Camiño de Santiago, Turismo Termal, Turismo Activo, Turismo Náutico, Sanxenxo, territorio de preferente actuación turística, as catro Provincias galegas, as 7 Cidades e produtos do Clúster Turismo de Galicia. Do mesmo xeito, tamén houbo mostras de productos enogastronómicos coa participación de profesionais e de persoal do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG).