viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsActualidadeConvocan unha folga nas oficinas e despachos da provincia de Pontevedra para...

Convocan unha folga nas oficinas e despachos da provincia de Pontevedra para este venres 18

O persoal do sector de Oficinas e Despachos da provincia de Pontevedra retomará as
mobilizacións «ante a negativa da patronal a convocar a mesa negociadora do convenio«, según vén de anunciar o sindicato CIG.

Neste contexto, os traballadores e as traballadoras realizarán un paro parcial de catro horas e unha manifestación este venres 18 na cidade de Vigo «despois de que o empresariado nin sequera aceptase participar nunha mediación do AGA no Consello Galego de Relacións Laborais».

Segundo apuntan desde o sindicato, levaronse a cabo varias asambleas abertas nas que os traballadores e as traballadoras decidiron apostar pola convocatoria dun paro parcial inicial de catro horas este venres “para alzar a súa voz e saír á rúa”.

Mesa de negociaicón

“É a patronal -a Confederación de Empresarios/as de Pontevedra- a que, de xeito unilateral, se levantou da mesa de negociación suspendendo a súa continuidade; a mesma patronal que na última reunión achegou unha proposta económica con salarios inferiores ao SMI, propoñendo unha suba para 2024 dun 10% sobre a táboa salarial de 2012”, tal e como indican desde a CIG.

Ademais pretende conxelar a antigüidade, “un complemento que permitiu que os salarios brutos non ficasen de facto conxelados e que a perda de poder adquisitivo non fose maior da que xa era”.

Cando será o paro parcial?

O paro parcial no sector desenvolverase de 11:00 horas a 15:00 horas, mentres que a manifestación sairá ás 12:30 horas dende Vialia, en Vía Norte, e percorrerá a rúa Urzaiz até o farol situado na confluencia coa rúa Príncipe. “Despois de 13 anos sufrindo esta situación o persoal levou a cabo folgas parciais o pasado 3 de novembro e os días 5 e 11 de abril, e unha folga de 24 horas o 15 de abril”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS