Somos criminais e punto. Baixo este lema os humoristas galegos máis recoñecidos do panorama, Carlos Blanco e Touriñán, estrean un novo espectáculo no que actuarán como capitáns dunha peculiar nave.
Subiranse as tablas do escenario do Auditorio Municipal de Ourense o próximo 22 e 23 de novembro a partir das 20:30 horas respectivamente. As entradas xa están á venda no seguinte enlace a un prezo que parte desde os 16,20 euros.
Cal é a sinopse de «Somos criminais e punto»?
Segundo apuntan desde a organización, o novo espectáculo de Blanco e Touriñán xira en torno a un escenario no que falta pouco máis dunha hora para a fin do mundo. Neste contexto, unha nave está apunto de despegar en Galicia. Trátase de Arteixo II que parte cara un planeta onde os pasaxeiros comenzarán unha nova vida.
Todo iso estará capitaneado por Carlos Blanco e Touriñán. Ademais, serán os encargados de meter neste particular Arca de Noé o patrimonio humano, matrial e inmaterial de Galicia.
O espectáculo xirará por toda Galicia ata o mes de xaneiro.