Os veciños e veciñas da parroquia de Amorín, en Tomiño, levan unha longa tempada tendo problemas co párroco da igrexa.
Os parroquianos acusan ao sacerdote de querer facerse co ouro da virxe, e alegan que ese ouro «pertence históricamente aos maiordomos», ademais de outras moitas problemáticas que veñen sendo habituais, tanto na aldea de Currás como de Amorín, lugares onde oficia misa este sacerdote.
Os e as veciñas manifestan que «os costumes do pobo teñen que manterse e deben ser respetados veña quen veña á igrexa». Tras chegar a nova aos medios de comunicación, os veciños confirman que o párroco «escapou» e non volveu á igrexa.
Escoitamos a continuación con Juan José, presidente da asociación de festas de Amorín.