O Auditorio Municipal será o escenario do «Marengo Fest. Festival Internacional Cidade de Vigo». Este festival encenderá os proxectores o día 7 de maio, prolongando esta cita durante tres días, sendo a súa última xornada o 10 do mesmo mes.
Marengo Producións&ACT-Galicia organiza esta cita internacional de curtametraxes xunto coa colaboración do concello de Vigo. O concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, recalcou o apoio municipal para consolidar este festival nunha cidade que xa se converteu nun estudio de cinema para importantes producións audiovisuais.
A cita audiovisual xa conta con 355 curtametraxes de índole internacional rexistrados, incluíndo países como India, Italia, Arxentina e Estados Unidos. Así mesmo, o prazo para participar nesta primeira entrega prolongarase ata o 14 de febreiro. Así o precisou Gorka Gómez durante o acto de presentación celebrado hoxe. Tamén participaron nesta presentación Carmen Aldeguer e Manu Hernández, directores do festival, e a actriz Estíbaliz Veiga, encargada de presentar o evento.
O festival vigués contará co apoio de intérpretes e directores como Gracia Querejeta, Miguel Rellán, Fernando Guillén Cuervo, Fernando Soto, Conchi Iglesias, José Manuel Carrasco, Carlos Sedes e Lupe Carité. Estas figuras destacadas do cinema actuarán como xurado. O anuncio deste novo festival, en torno ao que se celebrarán distintas actividades paralelas, chega no marco da rodaxe de diversas producións con proxección nacional e internacional. Ademais, a vontade do Consistorio vigués é consolidalo no tempo.
Premios cun importe de 30.000 euros
«Marengo Fest. Festival Internacional de cinema de Vigo» non é só un certame de cinema, é un evento cultural e social. Ten como principal obxectivo promover a cultura cinematográfica dando a oportunidade a nivel nacional e internacional de mostrar os seus proxectos achegando uns premios cun importe de 30.000 euros nas súas diferentes categorías.
Os premios con maior recompensa económica son os de mellor curtametraxe internacional e nacional cun galardón de 7.000 euros máis trofeo respectivamente. Cun valor de 3.000 euros máis trofeo sitúase o premio a mellor peza audivisual fantástica ou de terror. As curtametraxes que gañen as categorías a mellor documental, curto de animación, curto en lingua galega ou de temática social/LGTB obtendrán un premio de 2.000 euros máis trofeo. Por último, cunha cantidade de 1.000 euros máis trofeo estarán os galardóns a mellor guión, dirección, actriz, actor ou o premio do público.